Chemistry with a Twist
  • Chemistry with a Twist
  • People
  • Research
    • Chiroptical Systems >
      • Helical Molecular Orbitals
      • Chiroptical Systems due to Chiral Axes
      • Chiroptical Symmetry Analysis
      • Chiroptical Surfaces & More
    • Metallaaromatic Systems >
      • Metallacycles & More
      • Metallaaromatic Systems
      • Metallaaromatic Biaryl Atropisomers
      • Metallaaromatic Spirobifluorenes
    • Simulations
    • Lab on a Chip
  • Publications
    • Articles
    • Conferences
    • Outreach
  • Funding
  • Contact
    • Links
    • Settings

Blog Chemistry with a Twist

2ª Olimpiada da Química UVigo

6/19/2023

0 Comments

 
Picture
60 rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO participaron este venres na segunda edición da Olimpíada da Química, unha iniciativa posta en marcha pola facultade da Universidade de Vigo co obxectivo de espertar vocacións e amosarlle ao alumnado que está a rematar a educación secundaria obrigatoria que a ciencia e, en particular, a Química “pode ser moi divertida”. Para iso, o centro deseñou unha xornada repleta de actividades, probas e competicións que os mozos e mozas completaron divididos en grupos e titorizados por docentes e investigadores da Facultade de Química.
As e os participantes, procedentes de sete institutos de Vigo, Nigrán, Baiona e Pontevedra, foron recibidos pola decana de Química, Ángeles Peña, que lles deu a benvida e lles agradeceu a súa participación. Fixo extensivo este agradecemento aos docentes dos institutos por colaborar e puxo en valor “a grande implicación do persoal da facultade na organización: técnicos de laboratorio, secretaria do centro, conserxe, profesorado e alumnado de doutoramento”, porque entre todos fixeron posible a celebración deste evento.
Abrir a porta ao futuro da química
A decana de Química destacou a importancia de organizar este tipo de iniciativas dende as facultades, porque permiten “que as e os rapaces entren en contacto cunha materia que pode parecer árida” e que o fagan “desde un punto de vista lúdico”. 
E é que precisamente, o obxectivo desta xornada é “intentar que a química sexa divertida”, como lles explicaba ás e aos participantes, e que “coñezades a outros rapaces e rapazas”, motivo polo que os grupos da competición foron conformados mesturando alumnado de diferentes institutos. 
Outro aspecto salientable foi a importante presenza de mozas neste evento, xa que dos 60 estudantes inscritos na olimpíada, o 75% eran alumnas, o que demostra que o futuro da química terá un marcado carácter feminino, como salientaba a decana. 
Unha xornada en dúas partes
Unha vez compostos os equipos arrancou a II Olimpíada de Química da UVigo, que comprendeu dúas partes diferenciadas. Na primeira delas, os grupos deberon completar diferentes probas, como unha xincana na procura dun tesouro; un pasapalabra químico, un escape room sobre as mulleres na ciencia e unha serie de pasatempos químicos. A finalidade en todas elas era que o alumnado amosase as súas habilidades tanto químicas como de lóxica e traballo en equipo.
A segunda parte da xornada desenvolveuse nos laboratorios do centro, onde as e os participantes realizaron de forma autónoma prácticas adaptadas á súa idade e coñecementos e participaron de demostracións realizadas polos investigadores da facultade. 
A xornada concluíu coa entrega de diplomas e do premio ao equipo gañador e cunha merenda conxunta para despedirse dos novos amigos e amigas feitos ao longo da mañá.
​(DUVI)
0 Comments

    Archives

    June 2023

    Categories

    All

Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Chemistry with a Twist
  • People
  • Research
    • Chiroptical Systems >
      • Helical Molecular Orbitals
      • Chiroptical Systems due to Chiral Axes
      • Chiroptical Symmetry Analysis
      • Chiroptical Surfaces & More
    • Metallaaromatic Systems >
      • Metallacycles & More
      • Metallaaromatic Systems
      • Metallaaromatic Biaryl Atropisomers
      • Metallaaromatic Spirobifluorenes
    • Simulations
    • Lab on a Chip
  • Publications
    • Articles
    • Conferences
    • Outreach
  • Funding
  • Contact
    • Links
    • Settings